2010-02-26

Aquí pódense ler as primeiras páxinas de Marcopola pasando a folla!

Hoxe participei no Día da Lectura do colexio Amor de Dios en Vigo.
Xa levan 15 anos coa festa: Noraboa!
(este é un lapis de Mil Cousas Poden Pasar: a guerra do Leito Seco)

2010-02-25


Culleredooo!, ese foi o grito para a foto hoxe mesmo
na biblioteca do CEIP Isaac Diaz Pardo de Culleredo.
( a foto movida é miña e da cámara do móvil)
( a foto boa e da profe Sindi: grazas!)
Mil cousas pasaron en Culleredo!
Tamén pasaron as formigas en versión musical
(grazas a Raquel, Violeta, Nuria e Sandra)
E tamén houbo declamación multitudinaria con acompañamento coreográfico dos tristes versos que cantaba a princesiña pechada na pedra. E preciosos debuxos e composicións murais de grande valor artístico polos pasillos do cole. Grazas por todo! ( tamén polas chuches!)
Logo visita ao CEIP Wenceslao Fernández Florez de Coruña.
Os de 6º e máis eu falamos de Mil cousas poden pasar, de escribir, de debuxar, de enterradores, de fillos de enterradores, de soldados zoos, de soldados fitos, de ideas e de pasalo ben.
Grazas e saúdos!

2010-02-23

" A gardería de Dona Bixelmina" e
" A pedra e as formigas"
de visita no CEIP Manuel Cordo Boullosa
de Ponte Caldelas. Saúdos!

2010-02-18


Os rapaces e profes da Biblioteca do IES de Luces (Asturias) fixéronme unha entrevista en duas partes (unha e duas). Son os que fixeran esta marabilla co meu "Romance dos Tapadiños" (1,2) de "Os Amigos de Archimboldo Roque". Moitas grazas unha vez máis, e os meus parabéns polo voso traballo en BiBlioluces!

2010-02-16


Acaba de chegar do prelo a
2ª edición
de "A pedra e as formigas".
(e as formigas aínda terán máis cousas
que facer este ano, xa vos contarei)