2010-06-07

2010-04-30

MARCOPOLA, L´ ÎLE RAMEUSE


La manada de mamuts se extiende por Francia, y Marcopola aparecerá en francés a finales de año!! Proximamente más novedades sobre la isla remera! (Ah, y echad un ojo a las fabulosas novedades de mamut comics para esta primavera!!)

2010-04-21

A GAMELA COMIQUEIRA

Programa de longo alcance en Vigo ao redor da Banda Deseñada: UN MAR DE VIÑETAS. O programa inclúe obradoiros en colexios, formación para os mestres, obradoiros para adultos, exposicións e concursos. Organiza o Concello+ o Marco+BD Banda. Participan Kiko da Silva, Fran Bueno, Fernando Iglesias, Norberto Fernández e o un servidor. Fixen a ilustración para o cartel: unha gamela comiqueira navega a ría.

2010-03-17

Novo Blogue


Arrinca Mil cousas poden pasar ( o blogue). Nacido para dar conta das visitas aos coles, para publicar os debuxos e contos dos rapaces, para apoiar aos profes a ás Bibliotecas, para agradecerlles a acollida, para contarlles novas sobre Hedión, Lina, Mercurin, Pouco, Neda, as formigas, dona Bixelmina, Marcopola e toda a tropa.

2010-03-16

Semana de coles

Teño que agradecer a nenos, nenas e profes a acollida, as preguntase e o traballo con Mil cousas poden pasar. Foi un pracer ir a...
Ceip Juan Fdez Latorre ( A Coruña)
Ceip Ría do Burgo ( Culleredo)
Ceip San Isidro ( Neda)
Cpi San Sadurniño ( San Sadurniño)
Cpi de Atios (Valdoviño)
Cep Luis Tobío (Viveiro)
Ceip García Barbón ( Vigo)

( a foto corresponde aos rapaces de 4º do García Barbón de Vigo)

Lee las primeras páginas de Marcopola

2010-02-26

Aquí pódense ler as primeiras páxinas de Marcopola pasando a folla!

Hoxe participei no Día da Lectura do colexio Amor de Dios en Vigo.
Xa levan 15 anos coa festa: Noraboa!
(este é un lapis de Mil Cousas Poden Pasar: a guerra do Leito Seco)

2010-02-25


Culleredooo!, ese foi o grito para a foto hoxe mesmo
na biblioteca do CEIP Isaac Diaz Pardo de Culleredo.
( a foto movida é miña e da cámara do móvil)
( a foto boa e da profe Sindi: grazas!)
Mil cousas pasaron en Culleredo!
Tamén pasaron as formigas en versión musical
(grazas a Raquel, Violeta, Nuria e Sandra)
E tamén houbo declamación multitudinaria con acompañamento coreográfico dos tristes versos que cantaba a princesiña pechada na pedra. E preciosos debuxos e composicións murais de grande valor artístico polos pasillos do cole. Grazas por todo! ( tamén polas chuches!)
Logo visita ao CEIP Wenceslao Fernández Florez de Coruña.
Os de 6º e máis eu falamos de Mil cousas poden pasar, de escribir, de debuxar, de enterradores, de fillos de enterradores, de soldados zoos, de soldados fitos, de ideas e de pasalo ben.
Grazas e saúdos!

2010-02-24

Mil Cousas Poden Pasar no
CEIP Igrexa-Valadares
(este debuxo é de Miriam)
Saúdos!

2010-02-23

" A gardería de Dona Bixelmina" e
" A pedra e as formigas"
de visita no CEIP Manuel Cordo Boullosa
de Ponte Caldelas. Saúdos!

2010-02-18


Os rapaces e profes da Biblioteca do IES de Luces (Asturias) fixéronme unha entrevista en duas partes (unha e duas). Son os que fixeran esta marabilla co meu "Romance dos Tapadiños" (1,2) de "Os Amigos de Archimboldo Roque". Moitas grazas unha vez máis, e os meus parabéns polo voso traballo en BiBlioluces!

2010-02-16


Acaba de chegar do prelo a
2ª edición
de "A pedra e as formigas".
(e as formigas aínda terán máis cousas
que facer este ano, xa vos contarei)