2009-12-02

presentación en Vigo


A LIBRARÍA LIBROURO,
e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
aprácense en convidalo/a á presentación do libro:

Mil cousas poden pasar
de Jacobo Fernández Serrano
Premio Merlín de Literatura Infantil 2009

O acto, que contará coa participación de Chus Pereiro,
Helena Pérez e Jacobo Fernández Serrano,
terá lugar
o vindeiro xoves, 10 de decembro,
ás 20,00 horas na Libraría Librouro,
rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo.

3 comentarios:

Rodrigo Osorio Guerrero dijo...

É unha magoa que agora que vivo preto, en Vilagarcía, precisamente ese día este fora. (Agardo máis presentacións)Pero xa lin as túas "Mil cousas..." e máis aló da sorpresa do reencontro con Lina e Pouco e ¿o fin? da súa historia (que xa é unha moi boa nova) prestoume moito epaseino moi ben léndolo. Ten escenas boísimas: a meirande batalla, a mente funcionarial da Alcaldesa... E calo a boca que non quero destripar nada.

Moitas grazas (e noraboas) polo libro.

An dijo...

Que todo saia moi ben na presentación. SAúdos e apertas

Jacobo Fernández Serrano dijo...

Moitas grazas aos dous polo apoio e o seguemento! A presentación foi un éxito (xogabamos en casa). Agora o libro a voar!
apertas!