2013-08-22

Tulpa e A Bigotuda na revista OINK!

Este mes de setembro chegará a todos os kioskos o primeiro número da revista OINK! (a revista do Xabarín Club) Dentro dela, ademais de grandes cómics, reportaxes, música e sorpresas, dará comezo a miña serie TULPA. Quen é Tulpa? E quén é ese ser con saia e enorme mostacho coñecido como A Bigotuda? Pois para saber... teredes que ler... OINK!



2013-08-20

Mural Marcopola na Coruña

Dentro das actividades organizadas polo Concello da Coruña arredor de Viñetas desde o Atlántico encargáronme o deseño dun mural. Aquí tedes o meu traballo e o ben que quedou grazas a Leonardo que foi o que o pintou no muro. Podedes velo na Coruña na rúa Pontejos a carón do kiosko.