2013-08-22

Tulpa e A Bigotuda na revista OINK!

Este mes de setembro chegará a todos os kioskos o primeiro número da revista OINK! (a revista do Xabarín Club) Dentro dela, ademais de grandes cómics, reportaxes, música e sorpresas, dará comezo a miña serie TULPA. Quen é Tulpa? E quén é ese ser con saia e enorme mostacho coñecido como A Bigotuda? Pois para saber... teredes que ler... OINK!