Programa de longo alcance en Vigo ao redor da Banda Deseñada: UN MAR DE VIÑETAS. O programa inclúe obradoiros en colexios, formación para os mestres, obradoiros para adultos, exposicións e concursos. Organiza o Concello+ o Marco+BD Banda. Participan Kiko da Silva, Fran Bueno, Fernando Iglesias, Norberto Fernández e o un servidor. Fixen a ilustración para o cartel: unha gamela comiqueira navega a ría.2010-04-21
A GAMELA COMIQUEIRA
Programa de longo alcance en Vigo ao redor da Banda Deseñada: UN MAR DE VIÑETAS. O programa inclúe obradoiros en colexios, formación para os mestres, obradoiros para adultos, exposicións e concursos. Organiza o Concello+ o Marco+BD Banda. Participan Kiko da Silva, Fran Bueno, Fernando Iglesias, Norberto Fernández e o un servidor. Fixen a ilustración para o cartel: unha gamela comiqueira navega a ría.2010-03-17
Novo Blogue

Arrinca Mil cousas poden pasar ( o blogue). Nacido para dar conta das visitas aos coles, para publicar os debuxos e contos dos rapaces, para apoiar aos profes a ás Bibliotecas, para agradecerlles a acollida, para contarlles novas sobre Hedión, Lina, Mercurin, Pouco, Neda, as formigas, dona Bixelmina, Marcopola e toda a tropa.
2010-03-16
Semana de coles
Teño que agradecer a nenos, nenas e profes a acollida, as preguntase e o traballo con Mil cousas poden pasar. Foi un pracer ir a...Ceip Juan Fdez Latorre ( A Coruña)
Ceip Ría do Burgo ( Culleredo)
Ceip San Isidro ( Neda)
Cpi San Sadurniño ( San Sadurniño)
Cpi de Atios (Valdoviño)
Cep Luis Tobío (Viveiro)
Ceip García Barbón ( Vigo)
( a foto corresponde aos rapaces de 4º do García Barbón de Vigo)
2010-02-26
2010-02-25
Culleredooo!, ese foi o grito para a foto hoxe mesmo
na biblioteca do CEIP Isaac Diaz Pardo de Culleredo.
( a foto movida é miña e da cámara do móvil)
( a foto boa e da profe Sindi: grazas!)
Mil cousas pasaron en Culleredo!
Tamén pasaron as formigas en versión musical
(grazas a Raquel, Violeta, Nuria e Sandra)
E tamén houbo declamación multitudinaria con acompañamento coreográfico dos tristes versos que cantaba a princesiña pechada na pedra. E preciosos debuxos e composicións murais de grande valor artístico polos pasillos do cole. Grazas por todo! ( tamén polas chuches!)
Logo visita ao CEIP Wenceslao Fernández Florez de Coruña.
Os de 6º e máis eu falamos de Mil cousas poden pasar, de escribir, de debuxar, de enterradores, de fillos de enterradores, de soldados zoos, de soldados fitos, de ideas e de pasalo ben.
Grazas e saúdos!
2010-02-23
2010-02-18

Os rapaces e profes da Biblioteca do IES de Luces (Asturias) fixéronme unha entrevista en duas partes (unha e duas). Son os que fixeran esta marabilla co meu "Romance dos Tapadiños" (1,2) de "Os Amigos de Archimboldo Roque". Moitas grazas unha vez máis, e os meus parabéns polo voso traballo en BiBlioluces!
2010-02-16
2010-02-07
2009-12-22
2009-12-17
Muchas gracias a la Biblioteca del IES de Luces en Asturias por este extraordinario trabajo basado en una historia de " Los Amigos de Archimboldo Roque".
Gracias a Javi, Ricardo, David, Eva y los profes.
Para mín foi un auténtico agasallo de nadal adiantado!.
2009-12-11
2009-12-02
presentación en VIGO

A LIBRARÍA LIBROURO,
e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
aprácense en convidalo/a á presentación do libro:
Mil cousas poden pasar
de Jacobo Fernández Serrano
Premio Merlín de Literatura Infantil 2009
O acto, que contará coa participación de Chus Pereiro,
Helena Pérez e Jacobo Fernández Serrano, terá lugar
o vindeiro xoves, 10 de decembro,
ás 20,00 horas na Libraría Librouro,
rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo.
e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
aprácense en convidalo/a á presentación do libro:
Mil cousas poden pasar
de Jacobo Fernández Serrano
Premio Merlín de Literatura Infantil 2009
O acto, que contará coa participación de Chus Pereiro,
Helena Pérez e Jacobo Fernández Serrano, terá lugar
o vindeiro xoves, 10 de decembro,
ás 20,00 horas na Libraría Librouro,
rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo.
presentación en Vigo
A LIBRARÍA LIBROURO,
e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
aprácense en convidalo/a á presentación do libro:
Mil cousas poden pasar
de Jacobo Fernández Serrano
Premio Merlín de Literatura Infantil 2009
O acto, que contará coa participación de Chus Pereiro,
Helena Pérez e Jacobo Fernández Serrano, terá lugar
o vindeiro xoves, 10 de decembro,
ás 20,00 horas na Libraría Librouro,
rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo.
2009-10-02
2009-09-22
2009-09-06
2009-09-03
2009-08-18
2009-06-25
2009-06-24
2009-06-15
2009-06-07
2009-05-08
Arrancan las aventuras de...MARCOPOLA.
La isla remera
A finais de Maio nas tendas de toda España! Máis información na web de Mamut.
2009-04-27
Esta semán pasada fixen varios obradoiros e charlas.
Agradezo o esforzo e a ilusión dos organizadores
e o bo traballo dos alumnos e escoitantes.
Extraordinarios debuxantes de 3 a 80 anos.
Comiqueiros do porvir.
Atentos e amabilísimos lectores.
-Nenos e nenas de Infantil do EEI O CON de MOAÑA
-Lectores e lectoras do clube de Lecturas Debuxadas
na Biblioteca Pública de GONDOMAR
-Rapaces e rapazas da Biblioteca Publica de PONTEVEDRA.
-Homes e mulleres do grupo de maiores da
Biblioteca de ABEGONDO.
-Nenos e nenas da Biblioteca de XERMADE.
-Alumnos de banda deseñada de María e público en xeral
na Biblioteca Pública de VIGO.
saúde e sorte!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










































